← Volver atrás

Rebollar Martínez, Alfredo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 30/07/1995 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 38 anos. Casado con Isabel Romero Leira; tiveron un fillo: Alfredo. Veciños de Ortigueira (A Coruña). En 1917 aprobou os exames de maquinista da Armada.

Militou nas Irmandades da Fala.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Participou no Mitin de Mera, en novembro de 1935, co que se iniciou a campaña electoral do Partido Galeguista (PG), con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Antonio Villar Ponte e Juan-Antonio Suárez Picallo. Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, nomeárono alcalde de Ortigueira en marzo por ER. Desenvolvía este cargo de alcalde cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros da Corporación de Ortigueira de 1936, entre outras persoas, a: Manuel-Francisco Pita Armada, asasinado; Luis Pita Armada, asasinado; Manuel Breijo Lorenzo, asasinado; Gerardo Castrillón Martínez, procesado; Narciso Polo Paz, asasinado; Dionisio Díaz Fojo, procesado.

Depurado. Encarcerado.

Destituído como alcalde o día 21/07/1936 polo tenente da Garda Civil Maximino Lobo Navascués.

Detivérono e sufriu cadea; tamén lle abriron un expediente de responsabilidades políticas.

Arrestárono outra vez o día 09/10/1942.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de excitación á rebelión, na causa 285/42, co resultado de sentenza a seis anos de prisión.

Interno na Prisión Militar do Castelo de San Felipe, en Ferrol, deixárono en liberdade condicional no mes de abril de 1945.

Finou en Serantes aos 97 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha