← Volver atrás

Rodríguez Cañueto, José

Alcume: Joselín, Joselito
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Santa Eulalia de Cabrera
(León)
- 01/01/1921 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mérida
(Badaxoz)
- 26/12/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 15 anos.

Axente infiltrado.

Represor.

Incorporouse aos homes do monte en abril de 1951. Antes fora enlace en Santa Eulalia de Cabrera. Despois pasou a ser colaborador dos represores por convencemento do comandante da Garda Civil de Ponferrada (León) Miguel Arricivita Vidondo.

Rodríguez Cañueto e outros dous asasinaron a sangue fría, na noite do día 24/04/1951, ao presidente da Xunta Veciñal de Santa Eulalia da Cabrera, Antonio León Carrera, e a unha muller de Quintanilla de Losada, Carmen Ballesteros Rodríguez, para gañarse a confianza da guerrilla e a do propio Manuel Girón Bazán, Girón. Con esta masacre quería asinar a súa entrada na guerrilla.

Outras testemuñas indican que xa estaba na guerrilla cando ocorreron estes feitos e que os homes que o acompañaban na matanza, enganados por el na trama argallada para acabar con Girón, eran Francisco Martínez López, Quico, e Pedro Juan Méndez, Jalisco.

A primeiros de maio Girón decidiu dividir a partida, quedando el con Alida González Arias, a Penca, e co propio Joselín.

O día 2 de maio, Cañueto asasina a Girón en Puentes de Malpaso, Molinaseca (León) e prende a Alida González. Logo a Garda Civil fixo declarar a Alida que os dous mortos que se atoparan en Malpaso eran os de Girón e o de Joselín; aínda que era mentira no que atinxe a este último, Alida identificou os mortos como certos para evitar males maiores. Na realidade o corpo que aparecía no expediente ao lado do de Girón Bazán non era o de Cañueto senón o de un mineiro, Elías Álvarez Carrera, ao que asasinaran e desfiguraran meténdolle unha bomba na boca para que puidera pasar polo infiltrado.

Certas testemuñas sinalan que Rodríguez Cañueto cobrou 75.000 ou 100.000 pesetas por esta “valentía”.

Despois desprazouse a Sevilla onde abriu unha tenda de comestibles.

Aínda que algunhas persoas aseguran que morreu asasinado ali, ben por elementos policiais, ou axustizado pola propia guerrilla, isto non é certo.

Morreu nun accidente de tráfico en Mérida, cando regresaba a Sevilla dunhas festas de Nadal na casa da familia da súa dona en Melgar de Abajo (Valladolid).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.