← Volver atrás

Rodríguez Otero, Primitivo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Salvador de Mosteiro, Pol
(Lugo)
- 17/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, sindicalista e político, 42 anos. Casado con Silvina Castro Tellado, irmá do guerrilleiro Manuel Castro Tellado. Veciños de Mosteiro.

Fundador da Sociedad de Trabajadores de la Tierra, da UXT, e membro do Comité Socialista de Mosteiro. Elixido concelleiro de Pol o día 12/03/1936.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do triunfo do golpe militar prendérono os rebeldes e consegue escapar. Ocultouse polos montes da parroquia de Luaces con Manuel Castro Tellado e Manuel Rivas Carballés.

Prendérono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 25/05/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 1382/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 18/06/1938. Xuízo contra varios veciños de Pol.

Neste proceso condenaron a cadea perpetua a Primitivo Rodríguez Otero. Ditouse auto de sobresemento para Manuel González Teijeiro, sentenza de absolución para José López García e declararon fuxido a Manuel Castro Tellado.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concedéronlle a prisión atenuada o día 23/08/1940.

Despois do pasamento do seu cuñado Manuel, o día 13/01/1947, prendérono co súa dona o seguinte 11 de febreiro.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas polo delito de encubrimento de bandoleiros, na causa 99/47, co resultado de un ano e seis meses de prisión menor. A sentenza do día 17/02/1948 acompáñase dun expediente de indulto.

Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).

Deixárono en liberdade condicional o día 18/04/1948.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.