← Volver atrás

Rosa Zamorano, Julián de la

Alcume: Radista
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Madrid
- 27/05/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e empregado, 19 anos. Casado; tiñan dous fillos. Traballou como carpinteiro e como mozo de imprenta.

Militante do PCE.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado afiliouse as Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Foi membro da checa adicada á protección do ministro da Gobernación Ángel Galarza Gago e no ano 1937 destinárono á comisaría de policía do Congreso.

No ano 1937 viaxou a Kirovabad (Rusia) para facer a aprendizaxe de piloto aviador, ficando alí durante os anos da II Guerra Mundial, na que participou integrado no servizo de transmisións do exército ruso. No ano 1948 pasou a Francia.

Na primavera de 1949 José-Ricardo Sevil Sevil enviouno a Galicia cunha radio, aínda que certos informes danlle categoría de secretario xeral do Comité Rexional do PCE, el dixo que tal era falso. Enviado desde Francia para darlle instrucións en Ourense a Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, entón representante máximo do partido en Galicia; nunca chegaron a verse pois Fernández Soto morreu antes de que tal ocorrera.

O día 18/07/1951 foi quen de librarse do cerco da Garda Civil na Cruz de Meá, San Vicente de Meá, Mugardos (A Coruña), cando se achaba con outros compañeiros nunha cova que construíran na casa de Juan Vázquez Loureda. O refuxio estaba moi ben feito e só se podía entrar nel por unha trapela camuflada nunha escaleira na corte das vacas; só a dona da casa sabía como abrir e tiña unha saída de emerxencia camuflada entre os mirtos. Puideron fuxir Josefa Gallego Abeledo, José Freire Barcia e Julián de la Rosa Zamorano. Segundo se di, un garda civil que vixiaba preto da saída, viunos escapar pero gardou silencio.

Tras a caída de Santa María de Neda o día 31/08/1951, onde finaron José Freire Barcia, Antonio Veiga Mejuto, José-Antonio Castro López e José Sancho Riera, Francisco Rey Balbís ordenoulle o 16 de outubro que marchara a Francia para informar da situación.

Abandonado cando os responsables do partido marcharon cara Francia, no verán de 1951, conseguiu embarcar na Coruña no Romeo para Pasaia (Guipúscoa). Prendérono en Irún (Guipúscoa) o 19/10/1951, cando xa estaba no tren que o levaba ao país galo, e enviárono á Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 22/01/1953 por formar parte de partidas armadas, na causa 59/52, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade provisoria o día 28/01/1962.

Procesado tamén polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Deixou a actividade política e establecéndose en Madrid como impresor.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.