Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 25 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra.
Militante do PSOE. Socio fundador da Casa do Mestre de Pontevedra.
Encarcerado.
Cando se produce o alzamento rebelde participou na defensa da legalidade no Goberno Civil de Pontevedra e na requisa de armas para facer fronte aos golpistas. Prendérono os franquistas.
Un informe da Garda Civil considerábao “de dudosa conducta y antecedentes, simpatizante del frente popular, propagandista de izquierdas”.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 04/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1136/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a: Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar e Vicente-Santiago Soto Martínez; a 15 anos de cadea castigaron a José-Elías Silva Caneda, a 12 anos a Adolfo Caeiro García e a tamén a prisión a Manuel Fuentes Cerviño. Descoñécese a sentenza que lle correspondeu a Lorenzo Silva Barros. Auto de sobresemento provisorio para Emilio González Castro e declaración de fuxido e en rebeldía para Benito-Gabino Méndez Rodríguez.
Pasou pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 11/10/1937.
Pena ordinaria conmutada, o día 26/06/1940, na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de catro anos de prisión menor.
Concédeselle a prisión atenuada o día 20/08/1940.
Procesárono en Pontevedra por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.