Nacemento:
Morte:
Labrego, mariñeiro, xornalista, agrarista e político, 29 anos. Solteiro. Veciño de Sada. Irmán do deputado nacional exiliado Ramón Suárez Picallo. Cando o golpe militar estudaba, por libre, Maxisterio e Filosofía e Letras.
Concelleiro de Sada polo Partido Galeguista (PG), do que en 1935 era o vicepresidente; concelleiro comarcal do PG. Agrarista e do Sindicato de Oficios Varios de Sada, da CNT. Fundador e presidente do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada en xullo de 1935, secretario en 1936. Delegado da Misión Biolóxica da zona das Mariñas. En xullo de 1935 promove a alianza de esquerdas co PG, ER e UR, da que sería secretario xeral. Despois, a finais de 1935, a alianza pasa a ser a Fronte Popular (FP), con Antón á cabeza.
En Madrid acudía aos faladoiros no Regina, onde eran habituais Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Villar Ponte, Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira e Juan-Antonio Suárez Picallo.
Participou no Mitin de Mera, en novembro de 1935, co que se iniciou a campaña electoral do Partido Galeguista (PG), con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Antonio Villar Ponte e Alfredo Rebollar Martínez.
Correspondente en Sada do xornal El Pueblo Gallego e, de A Nosa Terra, e da revista cubana El Eco de Galicia.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares rebeldes recibe aos falanxistas e rexeita a sublevación. Logo ten que fuxir e ocultouse nos montes de San Martiño de Meirás cos sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e José Mosquera Rey e co dirixente do PCE Gumersindo Montero Montero. Dos montes de Meirás pasaron a pé para A Coruña; alí permaneceu nunha casa na Agra do Orzán ata que o delataron e o detiveron os falanxistas de Sada, na noite do 11 ao 12 de agosto de 1936, que o acusaron de estar escoitando noticias desde Madrid pola radio.
Morte rexistrada ás 17:00 h por mor dunha hemorraxia interna producida por lesións, logo de que o torturaran.
O seu cadáver apareceu en Veigue. Antes de asasinalo, torturárono de xeito brutal a culatazos. No recoñecemento do seu cadáver participou Gil González Mosquera, quen logo se suicidou no seu domicilio.
Fusilaron no mesmo lugar: Manuel Prego Chas, e os seus compañeiros Juan-Antonio Suárez Picallo; Antonio Carballeira Muñiz, Abelaira, e José Mosquera Rey. Antes torturáronos.
Soterrárono no cemiterio de Sada.
Ao pouco morreron de pena o seu pai e a súa nai.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.