Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, funcionario e político, 40 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Mugardos. Secretario do Concello de Mugardos na II República.
Militante do PCE.
Executado.
Participou no asalto ao Pazo de Piñeiro do día 21/07/1936, na procura de armas para defenderse fronte aos militares rebeldes. No tiroteo morreu un dos donos do pazo e un crego.
Detido o día 25/03/1937 no muíño de Salgado, A Capela (A Coruña), polo grupo de Andrés Arnoso Calvo, o Valerio, da Capela (A Coruña) e o de José Pereira López, cando Teijeiro Leira se agochaba por aquelas lugares co artilleiro Jesús Plana Rodríguez.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) os días 1, 2 e 3 de decembro de 1936 polo delito de rebelión militar, na causa 379/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Ramón Díaz Pena, Amada García Rodríguez, Ramón Rodríguez López, Andrés Santos Gómez, Juan-José Teijeiro Leira e Agustín Veiga Hermida; condenas de cadea perpetua para: Antonia Feal Montero, Ángel García Illobre, Baldomero Pereira Otero, José Rivas Fariña e Ramón Villar Fernández; penas de 20 anos de prisión para: Inocencio Pérez Barreiro, Indalecio Rodríguez Roibal e Bernardo Vila Casal; 12 anos e un día para Ricardo Silvar Rodríguez; sentenza de absolución para Joaquín Saavedra López e puxeron en liberdade a Agustín Sixto Vázquez.
Fusilado no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Ao amencer do día 27 de xaneiro de 1938, aínda non abrira o día no Castelo de San Felipe, dúas descargas do pelotón de fusilamento e catro tiros de gracia do oficial ao mando, mataron: Amada García Rodríguez, de Mugardos; Germán López García, de Redes; Jaime González Pérez, de Ares; Juan-José Teijeiro Leira, de Mugardos; José-María Montero Martínez, de Meá; Ramón Rodríguez López, de Redes; Antonio Eytor Canizo, de Mugardos, e Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en xuño de 1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.