Nacemento:
Morte:
Tiña 19 anos. Desertor do Cuartel de Artillería de Montefaro, Ares (A Coruña), onde era artilleiro de 2ª.
Fuxido. Encarcerado.
Detido na emboscada dos falanxistas da noite do 4 ao 5 de setembro de 1936 con varios compañeiros, cando se achegaran á casa de Francisca Pereira, nos Xicos, San Vicente de Regoela, Cabanas (A Coruña). Alí se congregaran Amador Barcia Fernández, Xicos; Arturo Pereira López e Juan Pereira López; Jesús Bouza Pereira; Baltasar López Ardao, Baltasar de Zacotos, e Joaquín Torres Sas, o Soldado. Os falanxistas tiñan rodeada a casa, agochados nun alpendre. Ao descubrilos, Baltasar saíu correndo e matárono; ao resto prendéronos.
Antes do amencer saíron cara Santa Mariña de Sillobre, Fene (A Coruña). A altura de San Marcos, Amador sacou unha navalla que levaba no peto, liberouse das ataduras e conseguiu saltar do camión que os levaba ao cemiterio de Sillobre, onde ían fusilalos. Conseguiu liberar a Torres e a Arturo Pereira; Arturo, ao ver que o seu irmán Juan seguía amarrado, dubidou e prendérono. Amador e Torres fuxiron cada un polo seu lado; Joaquín Torres acadou o río Belelle e agochouse; Amador fuxiu da zona. A Jesús Bouza e a Arturo Pereira e Juan Pereira executáronos no cemiterio de Sillobre. Juan non tiña os 18 anos.
A Torres Sas prendérono en Betanzos (A Coruña) o día 09/04/1941 e condenárono o 06/12/1941 a 30 anos de cadea, logo reducidos a oito anos.
Interno na Prisión Militar do Castelo de San Felipe, en Ferrol, puxérono en liberdade condicional provisoria o día 15/06/1942, que se publicou no BOE nº 178 do 27/06/1942; obrigárono a residir en Trasparga. En agosto dese ano castigárono a cumprir catro anos de recargo como soldado nun batallón disciplinario de traballadores.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.