Nacemento:
Morte:
Irmá de Socorro Varela Sardiña, tamén encarcerada.
Encarcerada.
Detida con 42 compañeiros e compañeiras no ano 1951.
Xulgada en consello de guerra na Coruña na causa 156/51 polos “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no auto). Condenárana a 12 anos e un día de cadea.
Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.