← Volver atrás

Vázquez Gómez, José

Alcume: o Ubaldo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Ourol
(Lugo)

Morte:

Santo André de Lousada, Xermade
(Lugo)
- 12/11/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Morte en enfrontamento.

No ano 1938 era membro do grupo de César Terrón Abad en Fabero (León) e que formaban membros ex-combatentes republicanos da fronte do Principado de Asturias, que actuaban ao norte de Ponferrada (León).

Despois da morte de Terrón o día 21/07/1940 o grupo dirixiuno Florentino Rodríguez Pico e operou no Bierzo (León).

Co tempo pasou a integrarse na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), no grupo do berciano Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva, e Benedicto Escourido Cobo, Benedicto da Lúa; traballou de enlace deste grupo nos límites entre León e o Principado de Asturias.

José Vázquez morreu en Lousada nun enfrontamento coa Garda Civil, despois de que o emboscaran cando se presentou a cobrar unha multa imposta a uns labregos da zona, que informaron aos gardas do día en que lles viñan cobrar a sanción.

Por mor do seu pasamento incoouse no Tribunal Militar Territorial de Lugo a causa 571/47, que rematou con sentenza de sobresemento segundo resolución do día 18/11/1947.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha