Nacemento:
Morte:
Mestra, 41 anos. Veciña de Miño. Estuda Maxisterio na Escola Normal da Coruña e rematou no ano 1913. Mestra nacional con destino en 1913 a escola de nenas da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e de 1918 a 1929 na Escola nº 1 de nenas de Miño.
En 1933 fúndase a Agrupación Socialista (AS) de Miño; María formou parte da comisión organizadora con Abelardo López Varela, quen logo fuxiu a Francia na lancha motora La Golondrina o día 31/08/1937. Tamén militou na directiva da Agrupación Socialista (AS) de Pontedeume (A Coruña) desde 1934, que presidía o despois alcalde no ano 1936, Manuel López Seijo, e da que era secretario Luis Nodar Castro; tamén figuraban Eduardo Fonte Amigo, Albino Couceiro, José-Antonio Fonte e José Losada. No ano 1933 afiliouse á Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT), da que foi vicetesoureira en 1935.
Paseada.
Detida na Coruña despois do alzamento e acusada de defender a escola laica e o amor libre.
Da Coruña trasladárona a Pontedeume, de onde a sacaron unha patrulla de dous gardas civís e dous falanxistas, un deles Nicolás Pardo Armas, para asasinala nunha praia de Bañobre, onde morre por mor de feridas de bala.
A súa casa saqueárona os franquistas e queimáronlle os libros.
Varias testemuñas fan culpable da violación e asasinato de María a Andrés Quintás, xefe da Falanxe en Miño. Existen dúbidas de que isto fora certo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.