Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 50 anos. Casado con María-Alicia Viaño García, mestra da Escola nº 2 de Arzúa, a quen depuraron coa suspensión de emprego e soldo a finais de agosto de 1936 e desterrárona a Astorga (León). Veciños de Arzúa (A Coruña). Emigrou á República Arxentina, desde onde achegou cartos para a construción de escolas en varias parroquias. Volveu a Arzúa e estableceu un negocio de importación de apeiros de labranza arxentinos.
Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja nomeárono concelleiro de Arzúa no ano 1924. Na II República elixírono Alcalde de Arzúa en 1932 e permaneceu no cargo ata 1936. Presidente da Agrupación local de Esquerda Republicana (ER) desde 1934. Desenvolvía o cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Arzúa de 1936, entre outras persoas, a: Federico Nogueira Pimentel, sancionado; Rogelio Rama Muíño, sancionado; Gerardo Torreiro López, exiliado; José Corzo Conde, procesado; José James Montero, sancionado; Modesto Abad Vázquez, procesado.
Fuxido. Paseado.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión nun proceso que comezou o día 25 de agosto de 1936, na causa 471/36 con outros sete veciños, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía despois de que tivera prestado declaración.
Neste xuízo ditaron auto de sobresemento para Eduardo Vázquez Rivadas e declararon fuxido a Juan-Manuel Vidal García.
Prendérono os fascistas.
Paseado en Santiago de Compostela a primeiros de setembro de 1936.
A súa familia quedou sen a licenza para comercializar os apeiros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.