← Volver atrás

Vijande Villar, Patricio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Riotorto
(Lugo)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Industrial, 36 anos. Casado. Veciño da rúa Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo (Lugo). Propietario dunha tenda de ferretería e dunha fábrica de utensilios de madeira.

Concelleiro por Dereita Republicana no ano 1931. Militante do PSOE. Concelleiro de Mondoñedo pola Fronte Popular (FP) no ano 1936.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Mondoñedo (Lugo) o día 15/08/1936. Pasou pola Prisión Provincial de Lugo e reingresado no depósito de Mondoñedo.

Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 03/09/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 12/04/1938 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1119/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 287 do día 14/10/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha