Nacemento:
Morte:
Tiña 31 anos. Casada na Coruña, o día 12/10/1927, co propietario, avogado, banqueiro e político José Miñones Bernárdez, Pepe Miñones; tiñan tres fillos e unha filla: Pilar. Veciños da rúa Tabernas, 20, na Coruña.
O seu home militou no Partido Republicano Radical (PRR), logo no Partido Radical Demócrata (PRD) e, finalmente, en Unión Republicana (UR) e elixírono deputado pola Coruña nas Cortes en 1933 e en 1936; socio do Casino Republicano coruñés. Pepe Miñones era masón da loxa Pensamiento y Acción nº 11.
José creou empresas como Hidroeléctrica de la Loma, S.A. (Úbeda, Xaén) ou Electra Popular Coruñesa.
Vítima colateral.
No momento do levantamento militar José púxose do lado do gobernador Francisco Pérez Carballo e tratou, por orde deste, co xeneral Enrique Salcedo Molinuevo co ánimo de mediar entre el e o gobernador pois non se entendían.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte; sancionárono ademais cunha multa de 1.000.000 pesetas e o embargo das súas empresas; executárono no Campo da Rata, Punta Herminia, na Coruña, o día 02/12/1936.
Pepe Miñones era o propietario de Electra Popular Coruñesa, que lle expropiaron e integraron en Forzas Eléctricas del Noroeste, S.A. (FENOSA), propiedade de Pedro Barrié de la Maza, afecto ao Réxime e amigo persoal de Francisco Franco Bahamonde.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.