← Volver atrás

Villamor Varela, Marcial

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Santiago de Vilouriz, Toques
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Rego dos Vidales, Santa María de Ferreira de Pallares, Guntín
(Lugo)
- 28/09/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, sindicalista e político, 37 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños da rúa do Olvido, 18, en Santiago de Compostela (A Coruña). Xenro de Martín Castiñeiras, chofer de Olimpio Pérez. Apaixonado pola lectura. Estableceuse moi novo en Santiago de Compostela como carpinteiro e chegou a ter unha das mellores bibliotecas da cidade. Estivo de quinto na Guerra de África.

Militante da CNT e do Sindicato de Carpinteiros. Membro da Confederación Rexional Galaica (CRG) e do Ateneo Libertario. Fundador do Partido Sindicalista (PS) en Santiago de Compostela. Dirixente da Casa do Pobo. Tamén foi militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) no primeiro bienio da II República. Nas elección de 1936 o PS integrouse na Fronte Popular (FP).

Detido polos sucesos da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, pasa seis meses no cárcere, ata finais de 1935.

Fuxido. Paseado.

No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.

Opúxose ás queimas de igrexas, asaltos a casas de dereitistas e outros actos revolucionarios. Recoñéceselle o feito que grazas á súa intervención, algúns radicais abandonasen a idea de dinamitar a catedral, pois formou unha patrulla de disuasión.

Despois da toma de Santiago de Compostela polos sublevados tivo que fuxir da súa casa, que pretendían asaltar os falanxistas, e a súa familia recibiu malos tratos, roubaron ou queimaron a súa biblioteca e arrestaron ao seu sogro para que se entregara.

Marchou e agochouse na casa dos seus curmáns en Vilouriz en outubro de 1937. Diante da presión, deixou o seu agocho para dirixirse ao Principado de Asturias pero detivérono en Baralla (Lugo), cando o recoñeceu un paisano de Santiago de Compostela. Camiño de Santiago de Compostela asasinárono en Guntín dun tiro na cabeza.

Morte rexistrada no Rego dos Vidales a causa de hemorraxia cerebral.

Era un home moi moderado e defensor da clase obreira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.