← Volver atrás

Vittory Vázquez, Perfecto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tipógrafo, 20 anos. Solteiro. Veciño da rúa San Roque, 64 baixo, en Lugo.

Bibliotecario no ano 1936 do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM), Sección de Lugo. Irmán de Valentín Vittory Vázquez, tamén encarcerado.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 29/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por danos con explosivos e tenencia ilícita de armas, na causa 167/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto a disposición da autoridade gobernativa segundo resolución do 01/09/1936.

No mesmo proceso e coa mesma sentenza xulgaron ao seu irmán Valentín Vittori Vázquez.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de tenencia ilícita de armas, na causa 168/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio. Neste xuízo acumuláronse varias causas.

Na causa 168/36 xulgaron a varios veciños de Paradela. Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, Julio-Manuel Cid Rodríguez, Manuel Díaz Díaz, Pablo Díaz López, Valentín López García, Benigno López López, José López López, Orencio López López, Manuel López Rodríguez, José López Yáñez, Manuel Pérez González, Ramiro Rodríguez Gutiérrez e Pedro Rodríguez Rodríguez. Penas de cadea perpetua para: Ramiro Bande López, Higinio López López, Cándido López Pena, José López Pena, Jesús López Varela, Ramón López Varela, Manuel Rodríguez López e Antonio Rodríguez Rodríguez. 20 anos de prisión: Julio Fernández Incógnito, Domingo López Arias e Pegerto López López. Castigaron a 15 anos a Francisco López González. Á pena de 12 anos condenaron a: Francisco López López, Manuel López López e Enrique Rodríguez Díaz. A Ángel López Iglesias penárono a seis anos. A sentenza declarou absoltos a: Manuel Abella Armesto, Emilio López Moure, Leonardo López Rodríguez, Manuel López Vázquez e Marcelino Vázquez Díaz.

Trasladado á prisión de Burgos o día 19/01/1937.

En algunhas fontes aparece co primeiro apelido Vittori.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha