← Volver atrás

Acuña Lamas, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Ferroviario, 34 anos. Casado. Veciños de Pontevedra. Factor de Ferrocarriles del Oeste de España en Pontevedra.

En xuño de 1932 era delegado do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Vigo (Pontevedra). En 1933 era presidente da Agrupación Local do PRRS e tiña como compañeiro e vogal a Abraham Loriente Sánchez, que despois do golpe dos sublevados se uniu á guerrilla e morreu en 1943 nun enfrontamento.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.

Pena conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua e despois pola de 20 anos de cadea.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Interno na Prisión do Partido de Vigo (Pontevedra), os franquistas puxérono en liberdade condicional provisoria publicada no BOE nº 362 do día 28/12/1943.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado en 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha