Nacemento:
Morte:
Electricista, taberneiro e político, 37 anos. Casado. Veciños de Pontevedra. Traballou de electricista en Oviedo (Principado de Asturias). Logo estableceuse en Pontevedra para exercer o seu oficio e rexentar unha taberna na rúa San Román. Vicepresidente da sociedade de taberneiros La Viña.
Dirixente do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); despois integrouse como membro destacado en Unión Republicana (UR).
Fuxido. Executado.
Logo do golpe dos militares rebeldes participou na defensa do Goberno Civil de Pontevedra e foxe con outras persoas aos montes do Acibal e do Castelo.
As forzas represoras facciosas, mandadas por Víctor Lis Quibén, recibían delacións constantes e as batidas sobre os fuxidos sucedíanse día e noite.
O día 08/09/1936 un grupo de seis gardas civís e 40 gardas cívicos foron quen de detelo. Estaba fuxido con Alejandro Gama Casalderrey, que foi quen de escapar dos represores.
As acusacións contra Claudio eran graves: ser contacto do ex-gobernador civil, alardear do seu poder e influencia comunista, participar na requisa e na entrega de armas, mala conduta... O informe que o deostaba asinábao o comandante da Garda Civil Joaquín Velarde Velarde.
Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.
Ingresárono os franquistas na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco; recibira catro tiros por fusilamento.
A Claudio fusilouno un pelotón de 40 gardas de asalto o sábado 17 de abril ás 07:00 h no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai.
Soterrárono nunha tumba municipal no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.
Procesárono en xullo de 1937 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e castigárono cunha multa de 50 pesetas o día 26/03/1940. Indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.