Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 24 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra. Mestre nacional de San Salvador de Setecoros, Valga (Pontevedra).
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS).
Encarcerado. Executado. Depurado.
Formou parte do grupo de persoas armadas que defenderon o Goberno Civil de Pontevedra fronte aos militares sublevados e despois detivérono.
Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.
Acusado polas forzas represoras de marxista, de saír armado ás rúas fronte aos sublevados e de tentar asasinar ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan por querer renderse aos militares.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilado ás 07:00 h en Pontevedra, no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa dunha hemorraxia interna por tres feridas de arma de fogo.
Os franquistas depurárono como mestre nacional.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio municipal de San Amaro de Pontevedra.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.