← Volver atrás

Buján Rivas, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Morella
(Castellón)
- 18/06/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 21 anos. Solteiro. Veciño de San Salvador de Lérez, Pontevedra. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e rematou no ano 1935. En 1936 era mestre nacional de Vilanova de Arousa.

Vogal da Casa do Mestre. Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS).

Colaborador do semanario pontevedrés La Hora.

Encarcerado. Exiliado.

Canto se produce o movemento militar sedicioso formou parte do Comité de Defensa da República da súa localidade de residencia e formou nas milicias populares; prendérono os franquistas.

Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua na Semana Santa de 1937.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Interno no Sanatorio Penitenciario de Segovia, sae en liberdade condicional por orde do día 11/11/1943, que se publicou no BOE nº 362 do 28/12/1943.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado no ano 1961.

A finais de 1945 marchou para a República Arxentina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha