← Volver atrás

Pérez Peón, Castor

Alcume: o Labaradas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 26 anos. Veciño de San Salvador de Lérez, Pontevedra (Pontevedra).

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Semella que salvou a súa vida despois de entregar unha boa suma de diñeiro ao cívico e represor Víctor Lis Quibén; a familia tivo que malvender parte dos seus bens para facer fronte a extorsión.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha