Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 33 anos. Casado con Emilia González Uña; tiveron dous fillos e dúas fillas: Juan-Cayo, Carmen, Isabel e José. Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid e profesor de Dereito Político en 1925. Adicouse ao exercicio libre da súa profesión de avogado.
Nos anos vinte ingresou no Partido Reformista (PR) de Melquiades Álvarez González-Posada, filas desde as que participou en 1931 na proclamación da II República.
Logo formou parte, con varios intelectuais, da Agrupación ao Servizo da República (ASR) e acadou acta de deputado por León.
Subsecretario de Gracia e Xustiza en 1931, no goberno de Manuel Azaña Díaz.
En 1932 deixou á ASR e participou nun novo proxecto político no Partido Nacional Republicano (PNR), partido que non quixo converxer na Fronte Popular (FP) por mor de que nel estaba o PCE.
Encarcerado. Exiliado.
Ao estourar a guerra designárono ministro de Estado (Exteriores) no Goberno de horas de Diego Martínez Barrio, non chegou a tomar posesión porque estaba en León.
Poucos días despois prendeuno un grupo de falanxistas en Burgos e trasladárono a Valladolid, onde permaneceu case que un ano encarcerado, ata setembro de 1937.
Ao longo de 1937 mantivéronse conversas para trocalo por Raimundo Fernández-Cuesta Merelo, líder de Falanxe Española (FE); a finais dese ano as autoridades republicanas acordaron trocar a Fernández-Cuesta por Justino de Azcárate Flórez, diplomático republicano que tiñan preso na zona nacional desde comezos da sublevación. O Goberno republicano mostrouse favorable ao intercambio coa esperanza de que, sendo Fernández-Cuesta un Camisa Vella, fora quen de procurarlle problemas a Francisco Franco Bahamonde.
Liberado, no lugar de pasar á zona republicana, exiliouse en Francia e desde alí adícase a tentar o acercamento dos dous bandos a través do movemento Paz Civil en España.
No ano 1939 exiliouse coa súa dona e os fillos en Venezuela e non volveu a España ata 1977, logo da morte de Franco.
Senador por designación real e logo pola Unión de Centro Democrático (UCD).
No ano 1982 era o presidente do Patronato do Museo do Prado, en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.