← Volver atrás

Birlanga Roses, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Onteniente
(Valencia)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 09/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Radiotelegrafista, 42 anos. Veciño da rúa Espinosa, 4, en Valencia. Tripulante do buque de transporte de guerra republicano Mar Cantábrico.

Militante da UXT.

Executado.

Xulgárono en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado ao amencer na Punta do Martelo do Arsenal ferrolán.

O mesmo ano no que Juan finou fusilado, a Cruz Vermella Internacional preguntaba polo seu estado.

Ao Mar Cantábrico interceptouno o día 08/03/1937 o cruceiro rebelde Canarias fronte ao Cabo Maior, nas costas de Santander (Cantabria) con 60 tripulantes, víveres e avións para o exército republicano; levárono a Ferrol. Á metade dos seus tripulantes fusiláronos.

A dotación deste barco de transporte corre a seguinte sorte:

Dúas persoas desapareceron na acción: José Otero Pesado, 42 anos e comisionado polo Goberno na misión (semella que asasinado e guindado ao mar) e Cándido Ansín, 28 anos, engraxador.

Logrou fuxir, tirándose ao mar, o mariñeiro Juan Boo Sieira, 41 anos.

Á pasaxeira Socorro Barbarena Palomino, 19 anos, procesárona e expatriárona.

O engraxador Valentín Bringas Balboa, 33 anos, morre nun hospital.

Á tripulación e á pasaxe xulgárona en Ferrol nun proceso do que foi auditor Luciano Conde-Pumpido Tourón, coronel auditor da Armada. Case que á metade condenáronos á pena de morte.

O día 17/04/1937 executaron no Arsenal aos voluntarios antifascistas que seguen: os mexicanos José-Carlos Gallo Pérez, 23 anos; Alejandro Franco Santana 20 anos; Manuel Zabala Ceballos, 21 anos e Ricardo Solórzano Gómez, 20 anos, o norteamericano Martin Jay Bunting, Martin Jay Golden, 28 anos e o búlgaro Izvetan Kovtechefz, 33 anos.

Ao amencer do día 08/07/1937 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol a nove tripulantes: Serafín Santamaría Ruiz, 30 anos, capitán do barco; Evaristo Peris Navarro, 35 anos, 3º oficial; os engraxadores José Sebastián Cumba, 25 anos e César Vega León, 44 anos; os camareiros Eugenio Lloréns Caballero, 39 anos; Miguel Ortiz Donaire, 31 anos; Ángel Aranaga Santurtún, 33 anos e Jaime del Valle Sabina, 25 anos e o mozo Máximo Almenar López, 23 anos.

O día 09/07/1937 pasaron polas armas, tamén na Punta do Martelo, a oito dos tripulantes: Santiago Bilbao Andraca, 33 anos, electricista; Juan Birlanga Roses, 43 anos, radiotelegrafista; Jesús Barreiro Lodeiro, 28 anos, engraxador; os mariñeiros Luis Martínez Montemuíño, 31 anos; José-Tomás Fernández Saavedra, 37 anos; Tomás Urdiaín Irujolegui, 28 anos e Andrés García Castro, 31 anos, e o telegrafista Pedro Pérez Pérez, 32 anos.

Condenaron á pena de morte, conmutada despois pola de cadea perpetua, a: o engraxador Mauro Blanco Estraviz, 32 anos; os mariñeiros José Cerqueiro Iglesias, 26 anos; Antonio Costa Freire, 35 anos; Ramón García Mariño, 25 anos; Manuel Paz García, 33 anos; Agustín Pena Rodríguez, 24 anos e Francisco Veiga Iglesias, 24 anos; e o mozo Vicente González Fariña, 32 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: Antonio Lojo Rivas, 34 anos, contramestre; Ramón Rego Vilasó, 24 anos, engraxador; Antonio Rañó Martínez, 25 anos, mariñeiro e Marcelino Rañó Pérez, 20 anos, marmitón.

Tamén imputaron ao mariñeiro José-Manuel Romay Valle, 34 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.