Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 23 anos. Veciño da rúa Barceló, 49, Castellón. Ex-cabo do buque escola Juan Sebastián Elcano. Engraxador do buque de transporte de guerra republicano Mar Cantábrico.
Militante da UXT.
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas ao amencer na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.
Ao Mar Cantábrico interceptouno o día 08/03/1937 o cruceiro rebelde Canarias fronte ao Cabo Maior, nas costas de Santander (Cantabria) con 60 tripulantes, víveres e avións para o exército republicano; levárono a Ferrol. Á metade dos seus tripulantes fusiláronos.
Dúas persoas desapareceron na acción: José Otero Pesado, 42 anos e comisionado polo Goberno na misión (semella que asasinado e guindado ao mar) e Cándido Ansín, 28 anos, engraxador.
Logrou fuxir, tirándose ao mar, o mariñeiro Juan Boo Sieira, 41 anos.
Á pasaxeira Socorro Barbarena Palomino, 19 anos, procesárona e expatriárona.
O engraxador Valentín Bringas Balboa, 33 anos, morre nun hospital.
Á tripulación e á pasaxe xulgáronos en Ferrol nun proceso do que foi auditor Luciano Conde-Pumpido Tourón, coronel auditor da Armada. Case que á metade condenáronos á pena de morte.
O día 17/04/1937 executaron no Arsenal de Ferrol aos voluntarios antifascistas que seguen: os mexicanos José-Carlos Gallo Pérez, 23 anos; Alejandro Franco Santana 20 anos; Manuel Zabala Ceballos, 21 anos e Ricardo Solórzano Gómez, 20 anos, o norteamericano Martin Jay Bunting, Martin Jay Golden, 28 anos e o búlgaro Izvetan Kovtechefz, 33 anos.
Ao amencer do día 08/07/1937 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol a nove tripulantes: Serafín Santamaría Ruiz, 30 anos, capitán do barco; Evaristo Peris Navarro, 35 anos, 3º oficial; os engraxadores José Sebastián Cumba, 25 anos e César Vega León, 44 anos; os camareiros Eugenio Lloréns Caballero, 39 anos; Miguel Ortiz Donaire, 31 anos; Ángel Aranaga Santurtún, 33 anos e Jaime del Valle Sabina, 25 anos e o mozo Máximo Almenar López, 23 anos.
O día 09/07/1937 pasaron polas armas, tamén na Punta do Martelo, a outros oito dos tripulantes: Santiago Bilbao Andraca, 33 anos, electricista; Juan Birlanga Roses, 43 anos, radiotelegrafista; Jesús Barreiro Lodeiro, 28 anos, engraxador; os mariñeiros Luis Martínez Montemuíño, 31 anos; José-Tomás Fernández Saavedra, 37 anos; Tomás Urdiaín Irujolegui, 28 anos e Andrés García Castro, 31 anos, e o telegrafista Pedro Pérez Pérez, 32 anos.
Condenaron á pena de morte, conmutada despois pola de cadea perpetua a: o engraxador Mauro Blanco Estraviz, 32 anos; os mariñeiros José Cerqueiro Iglesias, 26 anos; Antonio Costa Freire, 35 anos; Ramón García Mariño, 25 anos; Manuel Paz García, 33 anos; Agustín Pena Rodríguez, 24 anos e Francisco Veiga Iglesias, 24 anos; e o mozo Vicente González Fariña, 32 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: Antonio Lojo Rivas, 34 anos, contramestre; Ramón Rego Vilasó, 24 anos, engraxador; Antonio Rañó Martínez, 25 anos, mariñeiro e Marcelino Rañó Pérez, 20 anos, marmitón.
Tamén imputaron ao mariñeiro José-Manuel Romay Valle, 34 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.