Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 35 anos. Veciño de San Clemente do Pindo, Carnota. Tripulante do buque de transporte de guerra republicano Mar Cantábrico.
Membro do Comité Unificado La Naval, vencellado á UXT e do Sindicato Nacional do Transporte Marítimo (SNTM), da CNT.
Encarcerado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) co resultado de sentenza á pena de morte, que lle conmutaron pola de cadea perpetua.
Interno na Prisión Naval Militar de Cuatro Vientos, San Fernando (Cádiz), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 76 do día 17/03/1943.
Ao Mar Cantábrico interceptouno o día 08/03/1937 o cruceiro rebelde Canarias fronte ao Cabo Maior, nas costas de Santander (Cantabria) con 60 tripulantes, víveres e avións para o exército republicano; levárono a Ferrol (A Coruña). Á metade dos tripulantes fusiláronos.
Dúas persoas desapareceron na acción: José Otero Pesado, 42 anos e comisionado polo Goberno na misión (semella que asasinado e guindado ao mar) e Cándido Ansín, 28 anos, engraxador.
Logrou fuxir, tirándose ao mar, o mariñeiro Juan Boo Sieira, 41 anos.
Á pasaxeira Socorro Barbarena Palomino, 19 anos, procesárona e expatriárona.
O engraxador Valentín Bringas Balboa, 33 anos, morre nun hospital.
Á tripulación e á pasaxe xulgáronas en Ferrol nun proceso do que foi auditor Luciano Conde-Pumpido Tourón, coronel auditor da Armada. Case que á metade condenáronos á pena de morte.
O día 17/04/1937 executaron no Arsenal aos voluntarios antifascistas que seguen: os mexicanos José-Carlos Gallo Pérez, 23 anos; Alejandro Franco Santana 20 anos; Manuel Zabala Ceballos, 21 anos e Ricardo Solórzano Gómez, 20 anos, o norteamericano Martin Jay Bunting, Martin Jay Golden, 28 anos e o búlgaro Izvetan Kovtechefz, 33 anos.
Ao amencer do día 08/07/1937 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol a nove tripulantes: Serafín Santamaría Ruiz, 30 anos, capitán do barco; Evaristo Peris Navarro, 35 anos, 3º oficial; os engraxadores José Sebastián Cumba, 25 anos e César Vega León, 44 anos; os camareiros Eugenio Lloréns Caballero, 39 anos; Miguel Ortiz Donaire, 31 anos; Ángel Aranaga Santurtún, 33 anos e Jaime del Valle Sabina, 25 anos e o mozo Máximo Almenar López, 23 anos.
O día 09/07/1937 pasaron polas armas, tamén na Punta do Martelo, a outros oito dos tripulantes: Santiago Bilbao Andraca, 33 anos, electricista; Juan Birlanga Roses, 43 anos, radiotelegrafista; Jesús Barreiro Lodeiro, 28 anos, engraxador; os mariñeiros Luis Martínez Montemuíño, 31 anos; José-Tomás Fernández Saavedra, 37 anos; Tomás Urdiaín Irujolegui, 28 anos e Andrés García Castro, 31 anos, e o telegrafista Pedro Pérez Pérez, 32 anos.
Condenaron á pena de morte, conmutada despois pola de cadea perpetua, a: o engraxador Mauro Blanco Estraviz, 32 anos; os mariñeiros José Cerqueiro Iglesias, 26 anos; Antonio Costa Freire, 35 anos; Ramón García Mariño, 25 anos; Manuel Paz García, 33 anos; Agustín Pena Rodríguez, 24 anos e Francisco Veiga Iglesias, 24 anos; e o mozo Vicente González Fariña, 32 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: Antonio Lojo Rivas, 34 anos, contramestre; Ramón Rego Vilasó, 24 anos, engraxador; Antonio Rañó Martínez, 25 anos, mariñeiro e Marcelino Rañó Pérez, 20 anos, marmitón.
Tamén imputaron ao mariñeiro José-Manuel Romay Valle, 34 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.