Nacemento:
Morte:
Falanxista das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Represor.
O día 22/08/1936 asasinou cun grupo de falanxistas, que dirixía Narciso Corral Ocampo e no que tamén estaban Nazario López Vérez e Ubaldo Fernández, a catro membros dunha familia que vivía nas Barrosas, Santa María das Pontes, As Pontes de García Rodríguez.
Nun primeiro momento, no asalto da súa casa, asasinaron a nai da familia Juana Ferreiro Rodríguez e ao seu fillo José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que remataron a Manuel Ramos Fernández, que era o home de Juana e que fora 2º tenente de alcalde das Pontes de García Rodríguez, e ao fillo Manuel Ramos Ferreiro.
Dos que residían na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e a que protexeu logo o cura Valentín Carballo, e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro, que tiña entón tres anos.
A Juana e a José matáronos no cemiterio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.