← Volver atrás

Corral Ocampo, Narciso

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

As Pontes de García Rodríguez
(A Coruña)
- 11/12/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 09/07/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 36 anos. Casou con María Villasuso Romero; tiveron catro fillos e catro fillas: Valentín, María-Luisa, Andrés, Otilia, Adolfo, Armando, María-Elena e Pilar. Veciños das Pontes de García Rodríguez. Emigrou a Cuba e volveu a Galicia nos anos trinta. Aprobou o exame para secretarios de xulgados no ano 1935 e foi secretario accidental do xulgado municipal das Pontes de 1936 a 1940.

Secretario do Partido Radical da súa localidade. Militou en Falanxe desde decembro de 1935; xefe dos falanxistas das Pontes de García Rodríguez.

Represor.

Logo do golpe de Estado, cando era xefe local de Falanxe na súa vila, implicouse na “limpeza, pacificación e control” física das persoas das esquerdas.

Asasinou cun grupo de falanxistas que el dirixía e no que tamén se contaban Ubaldo Fernández, Nazario López Vérez e Luis Blanco López, a catro membros dunha familia que vivía nas Barrosas, Santa María das Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez, o día 22/08/1936.

Nun primeiro momento, no asalto da casa desta familia, asasinaron á nai de familia, Juana Ferreiro Rodríguez e ao seu fillo José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que remataron a Manuel Ramos Fernández, que era o home de Juana e que fora 2º tenente de alcalde das Pontes de García Rodríguez, e ao fillo Manuel Ramos Ferreiro.

Dos que residían na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e protexida logo polo cura Valentín Carballo e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro que tiña entón tres anos.

A Juana e a José matáronos no cemiterio.

Inscribiron a morte destas catro persoas no rexistro o día 05/09/1936.

O día 23/10/1936, á fronte dunha partida de milicianos, asasinou ao esmoleiro Avelino López Veiga.

En 1937 Falanxe abriulle expediente por impoñer multas arbitrarias e pasou un mes na cadea desta organización na Coruña.

Combateu ao lado dos falanxistas na fronte asturiana entre xullo e outubro de 1937.

Foi alcalde e xefe local do Movimiento nas Pontes de García Rodríguez de xullo de 1940 a maio de 1941. En setembro de 1941 desactivouno a propia Falanxe por unha “serie de cargos monstruosos”, que remataron coa súa destitución e encarceramento.

En agosto de 1941 procesárono polos asasinatos de Manuel Ramos e familia; a causa rematou sobresida.

Expulsárono de FET e das JONS en outubro de 1941 por “cometer actos denigrantes para la camisa azul”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.