Nacemento:
Morte:
Tiña 25 anos. Veciño das Barrosas, Santa María das Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez.
Paseado.
Morte rexistrada nas Pontes de García Rodríguez.
Asasinado por un grupo de falanxistas dirixidos por Narciso Corral Ocampo e no que tamén estaban Ubaldo Fernández, Nazario López Vérez e Luis Blanco López.
Manuel finou asasinado xunto con outros tres familiares. Nun primeiro momento, no asalto da súa casa, asasinaron a súa nai, Juana Ferreiro Rodríguez e o seu irmán José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que remataron a Manuel Ramos Fernández, que era o seu pai e que fora 2º tenente de alcalde das Pontes, e a el. Dos que vivían na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e protexida logo polo cura Valentín Carballo, e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro que tiña entón tres anos. A Juana e a José matáronos no cemiterio.
Inscribiron a morte destas catro persoas no rexistro o día 05/09/1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.