← Volver atrás

López Vérez, Nazario

Alcume: Nazario do Café
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Falanxista.

Represor.

Asasinou, cun grupo de falanxistas que dirixía Narciso Corral Ocampo e no que tamén se atopaban Ubaldo Fernández e Luis Blanco López, a catro membros dunha familia que vivía nas Barrosas, Santa María das Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez, o día 22/08/1936.

Nun primeiro momento, no asalto da súa casa, asasinaron a nai de familia, Juana Ferreiro Rodríguez e ao seu fillo José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que remataron a Manuel Ramos Fernández, que era o home de Juana e que fora 2º tenente de alcalde das Pontes, e ao fillo Manuel Ramos Ferreiro.

Dos que se achaban na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e protexida logo polo cura Valentín Carballo e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro que tiña entón tres anos.

A Juana e a José matáronos no cemiterio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha