Nacemento:
Morte:
Político, 65 anos. Casado con Juana Ferreiro Rodríguez; tiñan catro fillas e tres fillas: Vicente, María, Antonia, Manuel, José, Dolores e Jesús. Veciños das Barrosas, Santa María das Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez. Viaxaba a miúdo a Cuba para levar traballadores.
Concelleiro e nomeado 1º tenente de alcalde das corporacións das Pontes de García Rodríguez de 1931 e 1932 polo Partido Republicano Agrario (PRA) e, tamén 1º tenente de alcalde, na de 1935 polo Partido Republicano Independente (PRI) .
Paseado.
Morte rexistrada nas Pontes de García Rodríguez.
Asasinado por un grupo de falanxistas dirixidos por Narciso Corral Ocampo, xefe de Falanxe, e no que tamén estaban Ubaldo Fernández, Nazario López Vérez e Luis Blanco López.
Manuel finou asasinado xunto con outros tres familiares. Nun primeiro momento, no asalto da súa casa, asasinaron a súa dona Juana Ferreiro Rodríguez e o seu fillo José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que o remataron a el e ao seu fillo Manuel Ramos Ferreiro. Dos que se acubillaban na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e protexida logo polo cura Valentín Carballo, e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro que tiña entón tres anos. A Juana e a José matáronos no cemiterio.
Soterráronos nunha fosa común.
Inscribiron a morte destas catro persoas no rexistro o día 05/09/1936.
No ano 1941 abriuse un procedemento xudicial por estes feitos contra Narciso Corral Ocampo e que rematou sobresido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.