← Volver atrás

Chacón Winter, Sofía

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada con Alfredo Suárez Ferrín; tiveron dúas fillas e un fillo: Elisa, Sofía e Luis. Veciños da rúa Riego de Agua, 27-1º, na Coruña. O seu home rexía unha peque fábrica de caldos concentrados da marca FAS.

Alfredo era socio do Casino Republicano coruñés; membro desde 1931 do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); o día 01/01/1934 elixírono alcalde da Coruña e cesárono a finais do mesmo ano como represalia pola revolución de outubro de 1934. Ese mesmo ano Suárez Ferrín abandonou os radicais para unirse a Unión Republicana (UR) e, coa vitoria da Fronte Popular (FP) nas eleccións do 16/02/1936, repuxérono no cardo de alcalde, cargo que desenvolvía no momento do golpe de Estado.

Vítima colateral.

A primeiras horas da noite do 17 de xullo de 1936 chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación e Francisco Pérez Carballo, gobernador civil, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais coa fin de facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, e organizou o chamado Comité de Defensa da República, igual que o que se formou en todas as cidades e pobos de España; neste comité estivo tamén o alcalde coruñes.

Ao seu home prendeuno o capitán de Artillería Eduardo Ozores Arráiz o día 21 de xullo, ás 16:00 h, no seu domicilio. O seguinte 22, xa en liberdade, asistiu á toma de posesión do alcalde que nomearon os rebeldes, o capitán José Fuciños Gayoso; prendérono de novo horas despois, xulgárono en consello de guerra, condenárono á pena de morte e executárono, o día 31/08/1936, na Punta Herminia, na Coruña.

Á familia Suárez Chacón embargáronlle os seus bens e a viúva e os seus fillos sobreviviron grazas a axuda da familia e amizades. Sofía non volveu saír á rúa.

A Suárez Ferrín procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha