← Volver atrás

Fernández Barral, Jesusa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co empregado e político Celestino Sardiña Navarro; tiñan varios fillos. Veciños de Pontedeume. O seu home era empregado do Ferrocarril e secretario interino do Concello de Pontedeume.

Celestino militaba en Esquerda Republicana (ER) e nomeárono delegado do Goberno Civil en 1936 para a comarca de Pontedeume; desde o día 09/03/1936 presidiu a Comisión Xestora de Pontedeume, como delegado do Goberno Civil e nomeou alcalde da localidade ao socialista Manuel López Seijo, con concelleiros de ER e do PSOE; ese mesmo día 9 tamén presidiu a constitución da Corporación Municipal de Cabanas, que nomeou alcalde a Álvaro Puentes Antón.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume no que coinciden, entre outras persoas, o alcalde Manuel Seijo López; Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil; Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE; Ramón Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares; Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade. Ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.

Celestino foxe ao monte, capturárono en Bréamo as forzas de Artillería o día 23/07/1936 e paseárono na Capela o día 18/08/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha