Nacemento:
Morte:
Mecánico, 18 anos. Veciño de Ferrol. Fillo de Manuel Fernández, depurado como cocheiro do Concello de Ferrol, e de Celia Mourente García, militante da Comisión de Mulleres contra o Fascio en Ferrol e que no ano 1935 pasara pola cadea na Prisión Provincial da Coruña. Antonio-Manuel, desde moi novo, traballaba nas pompas fúnebres no seu concello. Irmán de Jesús-Manuel Fernández Mourente, encadeado por sindicalista no tardo-franquismo.
Pertencía as Xuventudes Socialistas (XXSS) de Ferrol.
Segundo outras opinións pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) comunistas. Moitas persoas evolucionaron das XXSS ás XSU, en marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.
Entre 1934 e 1936 pasou polas cadeas do Cárcere do Partido de Ferrol, do Baluarte de Artillería, da Escollera e do Castelo de San Felipe. Acusárono de socialista e prendérono polo feito de levar unha insignia das XXSS.
Paseado.
Os franquistas internárono na prisión da Escollera, en Ferrol, de onde o sacou un parella da Garda Civil para executalo despois de que un tribunal militar o absolvera.
Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista ás 01:00 h.
Asasinado no cemiterio ferrolán de Canido.
Segundo a versión oficial morreron nun intento de fuga, pero realmente finaron paseados en Canido, o día 18/08/1936: Guillermo Cedrón Gómez, comerciante; Antonio Fernández Mourente, mecánico; Manuel González Díaz, empregado; Felipe Hermida González, funcionario; Ramón Hermo Miranda, militar; Andrés Iglesias Garrote, militar; Venancio Pérez Blanco, empregado; Carlos Pérez Fachal, electricista; Mario Rico Cobas, caldeireiro e escritor, e José Rico Torrente, militar.
Soterrárono nunha fosa común no dito cemiterio de Canido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.