← Volver atrás

Fonticoba Díaz, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 22 anos. Veciño de Mugardos. Mariño da Armada, cabo de mariñeiría no cruceiro lixeiro Libertad.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Cando se produce o golpe militar a dotación deste cruceiro Libertad prendeu á oficialidade golpista e fíxose co control do barco para a República.

Axustizaron neses días ao comandante do cruceiro Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, ao 2º comandante Juan-Antonio Garat Rull e ao alférez de navío Francisco-José Núñez Iglesias.

Á dotación deste cruceiro procesárona os franquistas ao remate da guerra, coas seguintes condenas:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenciaron a cadea: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día, e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos. Exculparon no proceso: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha