← Volver atrás

Pampillón Davila, Benjamín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 30 anos. Veciño de Santa Baia de Alcabre, en Vigo. Mariño da Armada, mariñeiro no cruceiro lixeiro Libertad.

Encarcerado.

Fixo a guerra civil na Armada republicana.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sentenza de sobresemento.

Capturado polos franquistas e confinado no campo de concentración da Almadraba, en Rota (Cádiz). Deixárono en liberdade.

Cando se produce o golpe militar a dotación deste cruceiro Libertad prendeu á oficialidade golpista e fíxose co control do barco para a República. Finaron axustizados neses días o comandante do cruceiro Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, o 2º comandante Juan-Antonio Garat Rull e o alférez de navío Francisco-José Núñez Iglesias.

Ao persoal deste cruceiro procesárono ao remate da guerra civil, cos seguintes castigos:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenciaron a cadea a: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos.

Absolveron no proceso a: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.