Nacemento:
Morte:
Militar, 36 anos. Casado con María del Carmen Núñez Iglesias, Mimía; tiveron seis fillos. Mariño da Armada, capitán de corveta e segundo comandante do cruceiro lixeiro Libertad. Xenro do vicealmirante Indalecio Núñez Quijano, golpista e xefe da Base Naval de Ferrol, e cuñado de Francisco-José Núñez Iglesias, alférez de navío no mesmo buque e axustizado coma el.
Golpista. Axustizado.
Cando despois do golpe militar o Libertad chegou fronte as costas de Cádiz, o seu comandante, Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, negouse a bombardear a cidade, que tomaran os rebeldes, incumprindo ordes do Goberno de Madrid.
A mariñeiría, leal á República, tomou o control do buque, arrestou aos oficiais e deixáronos incomunicados. Axustizáronos o día 3 de agosto agás o comandante Hermenegildo Franco, que estaba na enfermería e axustizárono uns días despois.
Á dotación do cruceiro procesárona os franquistas ao remate da guerra, cos seguintes castigos:
Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.
Sentenciaron a cadea: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.
Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos.
Absolveron no proceso a: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.