← Volver atrás

Núñez Iglesias, Francisco-José

Alcume: Pancho
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Axustizado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido
- 03/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar. Mariño da Armada, alférez de navío, destinado en 1936 no cruceiro lixeiro Libertad. Fillo do vicealmirante e golpista Indalecio Núñez Quijano, xefe da Base Naval de Ferrol no momento do estoupido do golpe militar. Francisco era cuñado do capitán de corveta Juan-Antonio Garat Rull, destinado no mesmo cruceiro e axustizado con el.

Golpista. Axustizado.

Cando se produce o golpe de Estado, o Libertad chegou fronte as costas de Cádiz, tomada polos rebeldes, e recibiu ordes do Goberno de Madrid de bombardear a cidade; o seu comandante negouse a cumprir estas ordes e o buque tomouno a mariñeiría leal á República.

A Francisco e ao seu cuñado Juan asasináronos como consecuencia da toma do control do buque pola mariñeiría leal. Morreron a maioría dos oficiais do cruceiro e o comandante do barco, Hermenegildo Franco Salgado-Araujo.

Á dotación leal á República procesárona ao remate da guerra civil, cos seguintes castigos:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenciaron a cadea a: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos.

Exculparon no proceso a: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.