← Volver atrás

Gómez Sampayo, Jose

Alcume: Don Pepe, o Médico dos Pobres
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

O Pazo de Sande, San Cristovo de Mourentán, Arbo
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 33 anos. Solteiro. Veciño de Arbo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1926. Médico de Arbo.

En xuño do ano 1934 designárono delegado sanitario do balneario de Salinillas de Buradón (Araba).

Encarcerado. Paseado.

Cando se produce o golpe rebelde detivérono e ingresárono na cadea de Arbo; máis tarde trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron con outras dez persoas para pasealos.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.

Nese lugar e data finaron asasinados polos represores seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Soterráronos nunha fosa común en Cotobade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha