← Volver atrás

Granja González, Ramiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Santa María de Filgueira, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e sindicalista, 47 anos. Casado con Balbina Barcala; tiñan seis fillos. Veciños de Santa Baia de Donsión, Lalín. Axente executivo para o cobro de impostos municipais.

Dirixente no ano 1931 da Sociedade Obreira de Ponte-Nova, de Donsión, da que era presidente en 1936.

Paseado. Desaparecido.

Ao producirse o alzamento rebelde acudiu a Lalín para reunirse co alcalde.

A Ramiro prendérono o día 01/09/1936 e ingresárono no cuartel de Falanxe, onde o torturaron e obrigaron a asinar unha declaración que o inculpaba e a entregar os libros da sociedade, isto permitiu máis arrestos de veciños.

O día 04/11/1936 trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron o día 9 do mesmo mes, con outras dez persoas de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto.

Morto por disparos nun traslado. Semella que os fascistas o pasearon e soterraron en Tenorio nunha fosa común.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.

Nese lugar e data os represores asasinaron a seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha