← Volver atrás

Picallo Buela, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Vendedor de xornais, obreiro e político, 40 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra desde os anos vinte. Vendedor de xornais de propaganda comunista durante a II República.

Detido en xaneiro de 1935 por agredir a Manuel Argibay Solla.

Encarcerado. Paseado.

Despois do golpe rebelde detivérono soldados de Artillería o día 20/07/1936.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Pontevedra, na causa 742/36, acusado de axente marxista.

Trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron os falanxistas con outras dez persoas, na noite do oito de novembro, coa desculpa de trasladalos á cadea de Ponte Caldelas (Pontevedra) e finaron paseados.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo. Ao chegaren á Volta do Couto baixáronos do camión e abriron fogo contra deles.

Nese lugar e data os represores asasinaron a seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco dos executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de San Pedro de Tenorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha