← Volver atrás

Rodríguez Alonso, Telmo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

A Torre, San Xoán de Barcela, Arbo
(Pontevedra)
- 04/02/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Propietario e político, 53 anos. Casado. Veciño de Arbo. Emigrado en Cuba, regresou a Arbo durante a II República. Pensionista.

Militante de Esquerda Republicana (ER), elixírono concelleiro de Arbo no ano 1936 pola coalición electoral da Fronte Popular (FP).

Encarcerado. Paseado.

Despois do alzamento sedicioso prendérono os fascistas e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron o día 9 de novembro, con outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalos.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.

Nese lugar e data os represores asasinaron a seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

A súa morte rexístrase no Rexistro Civil de Arbo o día 21/12/1939.

Soterráronos nunha fosa común en Cotobade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha