← Volver atrás

Montouto Rodríguez, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Santa Baia de Donsión, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cerdedo
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e sindicalista, 46 anos. Casado con Rosa Abeledo; tiñan oito fillos. Veciños de Donsión.

Dirixente da Sociedade Obreira de Ponte Nova, Donsión, da que fora un dos seus fundadores e na que desenvolveu o cargo de vicesecretario no ano 1931.

Encarcerado. Paseado.

Detivérono os franquistas o día 09/09/1936 e ingresárono no cárcere de Lalín ata o día 04/11/1936, data na que o trasladaron á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron coa desculpa dun traslado o día 9 dese mesmo mes, con outras dez persoas de Lalín e Arbo, para asasinalas na Volta do Couto.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.

Nese lugar e data finaron asasinados polos represores seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Nunha causa militar aberta contra da súa persoa infórmase da súa morte nun traslado.

A súa dona inscríbeo no ano 1943 no Rexistro Civil de Lalín como desaparecido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha