← Volver atrás

Graña Rico, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Castroverde
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Cibrao de Montecubeiro, Castroverde
- 03/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e sindicalista, 24 anos. Veciño de Montecubeiro. Irmán do tamén sindicalista Manuel Graña Rico e de Manuela Graña Rico; sobriño do mestre Argimiro Rico Trabada. Os tres finaron tamén executados.

Executado.

Despois do golpe militar Bonifacio Sarille Tellado, líder de Unión de Labradores de Montecubeiro, fuxiu ao monte con dous compañeiros. Diante do temor dos franquistas de que formara un grupo guerrilleiro co apoio dos veciños, comezaron a represión coñecida pola “Masacre de Montecubeiro”.

Por mor dunha listaxe de 65 persoas para eliminar en Montecubeiro, que confeccionaron o cura local Eustasio Fernández Campo e un falanxista da zona, os golpistas asasinaron a 15 destes parroquianos.

Os executados entre agosto e outubro de 1937 foron: José Blanco García, labrego; Domingo Fernández Díaz; José Freire Millares; José Graña Rico, labrego; Manuel Graña Rico, labrego; Manuela Graña Rico, traballo na casa; Manuel López López, labrego; Virginia Meilán Varela, costureira; José Palmeiro Valcárcel, militar; Antonio Pereira Calderón, labrego; Argimiro Rico Trabada, mestre (tío dos irmáns Graña Rico); Carmen Sarille Lanceiro, traballo na casa; José Veiga López, muiñeiro, e dous descoñecidos.

José Graña aparece rexistrado como morto en Montecubeiro a causa de “órdenes militares”.

A súa defunción inscribírona no Rexistro Civil o día 14/10/1937, sen consignar a data da morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha