← Volver atrás

Meilán Varela, Virginia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

Castroverde
(Lugo)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Cibrao de Montecubeiro, Castroverde
- 23/08/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Costureira e traballadora a xornal, 41 anos. Veciña do Fato, Montecubeiro. Tiña unha filla de solteira, Manuela Meilán Varela, que entón tería uns vinte anos e vivía na Coruña; Manuela casou e morreu moza, de tuberculose.

Executada.

Os franquistas e o cura da súa parroquia acusárona de ter un amante, que semella emparentaba con xente das dereitas.

Despois do golpe militar Bonifacio Sarille Tellado, líder de Unión de Labradores de Montecubeiro, fuxiu ao monte con dous compañeiros. Diante do temor dos franquistas de que formara un grupo guerrilleiro co apoio dos veciños, comezaron a represión coñecida pola “Masacre de Montecubeiro”.

Por mor dunha listaxe de 65 persoas para eliminar en Montecubeiro, que confeccionaron o cura local Eustasio Fernández Campo e un falanxista da zona, os golpistas asasinaron a 15 destes parroquianos.

A Virginia tocoulle porque “había que liberar á Igrexa dese pecado”.

Os executados entre agosto e outubro de 1937 foron: José Blanco García, labrego; Domingo Fernández Díaz; José Freire Millares; José Graña Rico, labrego; Manuel Graña Rico, labrego; Manuela Graña Rico, traballo na casa; Manuel López López, labrego; Virginia Meilán Varela, costureira; José Palmeiro Valcárcel, militar; Antonio Pereira Calderón, labrego; Argimiro Rico Trabada, mestre (tío dos irmáns Graña Rico); Carmen Sarille Lanceiro, traballo na casa; José Veiga López, muiñeiro, e dous descoñecidos.

Virginia Meilán aparece rexistrada como morta en Montecubeiro, Castroverde a causa de “órdenes militares”. O seu cadáver apareceu no Chantón Grande, preto de Cepomundín, Montecubeiro.

A Virginia prendérona os falanxistas e as forzas da orde na súa casa, comeron todo o que nela había e beberon todo o que lles petou; logo levárona coa desculpa de que tiña que cociñar para eles.

Segundo as testemuñas dos veciños asasinouna, en compañía doutros, o xenro falanxista de Domingo Landriz, veciño de Luaces, casado e con fillos, zoqueiro, xa maior, de quen se dicía que mantiña algunha relación amorosa con Virginia. Antes de executala vexárona e fixérona axeonllar, a ela que non era relixiosa, logo rematárona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.