← Volver atrás

Sarille Tellado, Bonifacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Castroverde
(Lugo)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, político e sindicalista, 41 anos. Veciño de San Cibrao de Montecubeiro, Castroverde.

Presidente da Sociedade Labrega Unión de Labradores de Montecubeiro de 1931 a 1936. Concelleiro de Castroverde en 1931 e, pola Fronte Popular (FP), no ano 1936.

Fuxido. Exiliado.

Despois do golpe militar, Bonifacio Sarille Tellado, líder de Unión de Labradores de Montecubeiro, fuxiu ao monte con dous compañeiros, cando era buscado para asasinalo. Diante do temor dos franquistas de que formara un grupo guerrilleiro co apoio dos veciños, comezaron a represión coñecida pola “Masacre de Montecubeiro”.

Por medio dunha listaxe, que confeccionaron o cura local e un falanxista da zona, eliminaron 15 persoas.

Os executados entre agosto e outubro de 1937 foron: José Blanco García, labrego; Domingo Fernández Díaz; José Freire Millares; José Graña Rico, labrego; Manuel Graña Rico, labrego; Manuela Graña Rico, traballo na casa; Manuel López López, labrego; Virginia Meilán Varela, costureira; José Palmeiro Valcárcel, militar; Antonio Pereira Calderón, labrego; Argimiro Rico Trabada, mestre (tío dos irmáns Graña Rico); Carmen Sarille Lanceiro, traballo na casa; José Veiga López, muiñeiro, e dous descoñecidos.

Bonifacio pasa a Portugal despois de conseguir un pase de fronteira do Cuartel do Xeneralísimo en Salamanca.

Posteriormente exiliouse na República Arxentina, vía Lisboa (Portugal).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha