Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 31 anos. Veciño de San Bernabel, onde era mestre nacional. Tío dos irmáns José Graña Rico, Manuela Graña Rico e Manuel Graña Rico; os tres finaron tamén executados. Estudou Maxisterio por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e rematou no ano 1927.
Acusado de ser militante de Esquerda Republicana (ER); na realidade era un militante centrista do partido de Manuel Portela Valladares.
Creou un coro, un grupo de teatro e unha biblioteca circulante. Estudaba Medicina. Tivo enfrontamentos co cura de San Martín. Creou e foi director de La Unión Cultural San Bernabel. Era un católico fervente. Militante da Institución de Libre Ensinanza (ILE).
Depurado. Paseado.
Despois do golpe militar depurárono como mestre, reclamou e devolvéronlle a praza, cousa que arrepiou aos falanxistas da comarca; asasinárono antes de que volvera a tomar posesión.
Despois do golpe militar, Bonifacio Sarille Tellado, líder de Unión de Labradores de Montecubeiro, fuxiu ao monte con dous compañeiros. Diante do temor dos franquistas de que formara un grupo guerrilleiro co apoio dos veciños, comezaron a represión coñecida pola “masacre de Montecubeiro”.
Por mor dunha listaxe de 65 persoas para eliminar en Montecubeiro, que confeccionaron o cura local Eustasio Fernández Campo e un falanxista da zona, os golpistas asasinaron a 15 destes parroquianos.
Os executados entre agosto e outubro de 1937 foron: José Blanco García, labrego; Domingo Fernández Díaz; José Freire Millares; José Graña Rico, labrego; Manuel Graña Rico, labrego; Manuela Graña Rico, traballo na casa; Manuel López López, labrego; Virginia Meilán Varela, costureira; José Palmeiro Valcárcel, militar; Antonio Pereira Calderón, labrego; Argimiro Rico Trabada, mestre (tío dos irmáns Graña Rico); Carmen Sarille Lanceiro, traballo na casa; José Veiga López, muiñeiro, e dous descoñecidos.
Argimiro Rico aparece rexistrada como morto en Montecubeiro a causa de “órdenes militares”, despois de que un grupo de falanxistas o sacaran da súa casa e o levaran atado cara o monte, á Serra da Ferradura.
Torturado de xeito salvaxe: cortárenlle a lingua, os testículos e quitáronlle os ollos, logo moérono a paus e, por último, pegáronlle uns tiros cunha escopeta de caza.
El mesmo lle dixera ao seu irmán Gumersindo: “Me sentenciaron a muerte por haber enseñado a leer a una aldea”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.