Nacemento:
Morte:
Militar, 20 anos. Veciño de Santa María de Luaces. Era fillo do mestre Antonio Palmeiro Pérez, paseado en xullo do ano 1936. Irmán de María-Dolores Palmeiro Valcárcel, encarcerada e sancionada. Alférez provisorio da Lexión no exército sublevado.
Paseado.
Despois do golpe militar, Bonifacio Sarille Tellado, líder de Unión de Labradores de Montecubeiro, fuxiu ao monte con dous compañeiros. Diante do temor dos franquistas de que formara un grupo guerrilleiro co apoio dos veciños, comezaron a represión coñecida pola “Masacre de Montecubeiro”.
Por mor dunha listaxe de 65 persoas para eliminar en Montecubeiro, que confeccionaron o cura local Eustasio Fernández Campo e un falanxista da zona, os golpistas asasinaron a 15 destes parroquianos.
Os executados entre agosto e outubro de 1937 foron: José Blanco García, labrego; Domingo Fernández Díaz; José Freire Millares; José Graña Rico, labrego; Manuel Graña Rico, labrego; Manuela Graña Rico, traballo na casa; Manuel López López, labrego; Virginia Meilán Varela, costureira; José Palmeiro Valcárcel, militar; Antonio Pereira Calderón, labrego; Argimiro Rico Trabada, mestre (tío dos irmáns Graña Rico); Carmen Sarille Lanceiro, traballo na casa; José Veiga López, muiñeiro, e dous descoñecidos.
José Palmeiro aparece rexistrado como morto en Montecubeiro a causa de “órdenes militares”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.