Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 31 anos. Veciño de San Cosme de Maianca, Oleiros. Mariñeiro do María Helena J.
Militante da CNT.
Fuxido. Encarcerado.
O día 07/10/1937 ás 04:00 h varias persoas fanse co dominio da tarrafa María Helena J, de Mera, San Xián de Serantes, Oleiros (A Coruña), e condúcena cara Francia, chegando a Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia) o día 09/10/1937. Varios dos tripulantes están implicados na acción; ao patrón, Manuel García Lugrís, que se opón á fuxida, déixano na lancha auxiliar en Cabo Prior. Desde Francia aos nove fugados enviáronos a España á zona republicana e estiveron nas frontes de Barcelona e Valencia. A tripulación que non deserta volve ao porto de Celeiro (Lugo). A tarrafa era propiedade do médico de Mera, Ramón Juega López.
Os nove fuxidos eran: Pedro Hidalgo Longueira, mariñeiro; Rafael-José Patiño García, carpinteiro; Juan Temprano Lugrís; Juan-Antonio Neira Moscoso, mariñeiro; os irmáns Manuel Irajo Lago e Francisco Irajo Lago; Andrés Siso Longueira, mariñeiro; Juan-Antonio García Lugrís, mariñeiro, e José Illanes Barreiro.
Xulgado en Ferrol (A Coruña), declarárono fuxido e en rebeldía.
Serve no exército republicano.
Capturado polos rebeldes e preso no campo de concentración do Monasterio de Santa Espina (Valladolid).
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 5 do día 05/01/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.