← Volver atrás

Patiño García, Rafael-José

Alcume: Rafael de Saturna
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

San Martiño de Dorneda, Oleiros
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e político, 31 anos. Veciño de Dorneda.

Militante da CNT. Concelleiro de Oleiros nas municipais de marzo de 1936 pola Fronte Popular (FP) e nomeado 3º tenente de alcalde; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Fuxido.

O día 07/10/1937 ás 04:00 h varias persoas fanse co dominio da tarrafa María Helena J, de Mera, San Xián de Serantes, Oleiros (A Coruña) e condúcena cara Francia, chegando a Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia) o día 09/10/1937. Varios dos tripulantes están implicados na acción; ao patrón, Manuel García Lugrís, que se opón á fuxida, déixano na lancha auxiliar en Cabo Prior. Desde Francia aos nove escapados enviáronos a España, á zona republicana, e estiveron nas frontes de Barcelona e Valencia.

A tripulación que non deserta volve ao porto de Celeiro (Lugo). A tarrafa era propiedade do médico de Mera, Ramón Juega López.

Os nove fuxidos eran: Pedro Hidalgo Longueira, mariñeiro; Rafael-José Patiño García, carpinteiro; Juan Temprano Lugrís; Juan-Antonio Neira Moscoso, mariñeiro; os irmáns Manuel Irajo Lago e Francisco Irajo Lago; Andrés Siso Longueira, mariñeiro; Juan-Antonio García Lugrís, mariñeiro, e José Illanes Barreiro.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha