← Volver atrás

Temprano Lugrís, Juan

Alcume: Juan de Teresa de Amador, o Rubio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Oleiros
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Mera, San Cosme de Maianca, Oleiros.

Fuxido.

O día 07/10/1937 ás 04:00 h varias persoas fanse co dominio da tarrafa María Helena J, de Mera, e condúcena cara Francia, chegando a Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia) o día 09/10/1937.

Varios dos tripulantes están implicados na acción; ao patrón, Manuel García Lugrís, que se opón á fuxida, déixano na lancha auxiliar en Cabo Prior. Desde Francia aos nove escapados enviáronos a España, á zona republicana, e estiveron nas frontes de Barcelona e Valencia. A tripulación que non deserta volve ao porto de Celeiro (Lugo). A tarrafa era propiedade do médico de Mera, Ramón Juega López.

Os nove fuxidos foron: Pedro Hidalgo Longueira, mariñeiro; Rafael-José Patiño García, carpinteiro; Juan Temprano Lugrís; Juan-Antonio Neira Moscoso, mariñeiro; os irmáns Manuel Irajo Lago e Francisco Irajo Lago; Andrés Siso Longueira, mariñeiro; Juan-Antonio García Lugrís, mariñeiro, e José Illanes Barreiro.

Despois, desde Francia, pasa á zona republicana.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (contra a tripulación do María Helena J) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ao presentarse no ano 1958 prodúcese o sobresemento definitivo da súa causa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha